LugoPatrimonio :: Asociación Cultural
Xoves, 02 Novembro 2023 09:09

Viaxe á Vila Romana da Olmeda

28 – 29 de outubro

Anque o obxecto principal da viaxe era visitar a vila romana de La Olmeda, para ver un exemplo significativo de colaboración entre os particulares e as administracións para a conservación do patrimonio, sempre aproveitamos para ver outros monumentos de interese que estean no itinerario que temos que facer. Os corenta viaxeiros que saímos de Lugo fixemos a primeira parada en Santoyo (Palencia), un pobo castelán que estivo amurallado, para ver a igrexa de San Xoán Bautista, con elementos arquitectónicos que van desde o románico ao tardo gótico, acompañados da guía que tiñamos contratada. Polo exterior vese unha igrexa fortaleza, nas inmediacións está o hospital sanxoanista, coa torre das campás ameada e unha de planta hexagonal máis pequena nas inmediacións das portas de acceso, a principal con pórtico con adornos de estilo renacentista deseñada por Diego de Siloé. No interior chamounos a atención as altas bóvedas de crucería, e o artesoado mudéxar do coro, así como o retablo principal, renacentista, e os secundarios de estilo barroco.

Día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo

Viaxe para ver a Vila romana de La Olmeda e o Museo de Saldaña, Astudillo e San Hipólito el Real. Saída ás 8 horas.

13 de outubro

O profesor de Historia da Arte da Universidade de León comezou a conferencia indicando que durante a Antigüidade romana as vilas convertéronse nos ámbitos domésticos por excelencia, moradas nas que os propietarios patrocinaron e usaron as formas máis luxosas de ornamentación dos seus muros, chans, mobiliario, etc., buscando crear espazos suntuosos para a vida e a representación social. Ademais da imaxes, recorreu a dar lectura a algún parágrafo de textos de autores romanos nos que se fala da vida nestas vilas.

Nos contextos do Mediterráneo, e na mesma Península Ibérica, conserváronse, en ocasións en paraxes illadas de gran beleza, conxuntos habitacionais, vilas, de gran relevancia e calidade artística.

Citou como exemplo que os moradores da chamada vila de Oplontis, preto de Nápoles, posuíron unha das piscinas máis grandes coñecidas no mundo romano. Alí tomaban baños ao sol da costa do Tirreno, mentres gozaban dos seus xardíns e das amplas estancias pintadas.

Día 13 de outubro, venres

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de José Alberto Moráis Morán, profesor de Historia da Arte da Universidade de León sobre "A beleza do cotián: arte e suntuosidade nas vilas romanas de Palencia".

30 de setembro

Comezamos a actividade cunha visita guiada polo complexo da Cidade da Cultura, primeiro no interior do edificio denominado “Museo”, diante das dúas maquetas que reproducen o proxecto de Peter Eisenman, pasando despois a ver as principais características do edificio fronte a estrutura da fachada interior orientada ao norte. Saímos despois ao exterior para ver os espazos axardinados nos ocos que estaban destinados a edificios que non se construíron rematando no destinado á Biblioteca e ao Arquivo.

Xa no interior visitamos as tres exposicións que están abertas, a de fotografía de Nicolas Muller, “Vento Norte”, que presenta principalmente fotografías dun alto valor etnográfico, feitas nos anos 60 do século XX, en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, como encargo para ilustrar varios libros. Tamén as hai de Portugal e Marrocos.

Día 3 de outubro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Táboa Redonda “O Seminario de Estudos Galegos en Lugo”. Coloquio sobre a pegada do Seminario de Estudos Galegos, a través do labor docente de Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas, Ricardo Carvalho Calero e Xosé Ramón Fernández-Oxea, (Ben-Cho-Shey). Participantes: María Pilar García Negro, Antonio Prado Gómez e Adolfo de Abel Vilela. Moderador, Felipe Arias Vilas.

Sábado, 30 Setembro 2023 09:00

Viaxe a Santiago de Compostela

Día 30 de setembro, sábado

Saída ás 9,00 h.

Viaxe a Santiago de Compostela, visitas ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), e ás exposicións “A Escola Nova… tamén entre nós (1921-2021)” (Pazo de Fonseca) e “Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura” (Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura).

12 de setembro

O arqueólogo e director do Centro Arqueolóxico de Aquae Querquennae en Bande, Santiago Ferrer Sierra, onde está a investigar un dos campamentos militares romanos máis singulares da Península Ibérica, disertou sobre o mesmo comezando facendo historia sobre os precedentes do mesmo pasando despois a falar das características, período de ocupación, abandono e escavación e posta en valor.

Actualmente este campamento romano conta cunha superficie moi importante de restos arqueolóxicos que foron obxecto de investigación durante un dilatado tempo que vai dende mediados da década dos anos 70 do século XX ate os nosos días, conseguindo uns resultados considerados de extraordinaria importancia para o avance e coñecemento do mundo militar romano na Península Ibérica.

Día 16 de setembro, sábado

Saída ás 9,00 h.

Viaxe a Santa Comba de Bande e o campamento de Aquis Querquennis

Día 12 de setembro, martes

ás 20 horas

Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de Santiago Ferrer Sierra sobre “O campamento romano de Aquis Querquennis”.

De 19, 30 a 20 horas

Anotacións para as viaxes do día 16 de setembro, sábado, a Santa Comba de Bande (Ourense) e o campamento romano de Aquis Querquennis e o día 30, sábado a Santiago para ver o Museo Pedagóxico de Galicia, e ás exposicións “A Escola Nova… tamén entre nós (1921-2021)” e “Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos: unha institución de alta cultura”.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe a Astorga +

    Día 26, sábado Viaxe a Astorga. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Viaxe a Zaragoza e Tarragona +

    Do 5 luns ao 10 sábado Viaxe a Zaragoza e Tarragona. Saída ás 8 horas. Ler Máis
  • Conferencia de Helena López Gómez sobre “As mulleres en Roma vida e vicisitudes”. +

    Día 13 de maio, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Helena López Gómez, doutora,  Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO